InicioOrientalRibadeoA rapeira marroquí Miss Raisa e o teatro de Aldaolado, presentes no...

A rapeira marroquí Miss Raisa e o teatro de Aldaolado, presentes no 8 de Marzo en Ribadeo

A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, engadiu tamén que “xa o propio 8 de marzo, na rúa Rodríguez Murias, en colaboración co CIFP Porta da Auga, terá lugar a inauguración da exposición de fotos feitas por Xesús Varela nese centro, que se poderá ver ata o 12 de marzo.

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo celebrará o Día Internacional das Mulleres con teatro, cunha exposición de fotos e coa presenza da rapera de orixe marroquí Miss Raisa. As actividades desenvolveranse do 6 ao 12 de marzo, segundo deu a coñecer a concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra.

A edil ribadense dixo que “un ano máis, a Concellaría de Igualdade de Ribadeo, conmemorará unha data tan importante como 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, con diferentes actos lúdico reivindicativos tomando como referencia A Educación: a porta para o cambio social”.

Álvarez Lastra explicou que “comezaremos o vindeiro domingo, 6 de marzo no Teatro, ás 20:00 horas co espectáculo O Benquerer(se) da compañía Aldaolado. Neste espectáculo as poetas Lucía Aldao e María Lado mesturan poemas, música e historias para facer visibles as desigualdades que as mulleres seguimos atopando na nosa vida pública e privada. Cun afiado sentido do humor, Aldaolado falan do patriarcado, do feminismo, da discriminación de xénero, do concepto do amor romántico, do amor a unha mesma e de todos aqueles temas cos que van tropezando no seu camiño cara o apoderamento. Porque ser muller é tamén aprender a quererse e querer ás outras. E Aldao e Lado pensan que o humor e a poesía son tamén ferramentas coas que mudar o mundo”.

A concelleira de Igualdade indicou que “o día 7 de marzo, dentro do programa O Concello cos Coles, contaremos coa presenza da coñecida rapera Miss Raisa. Será no auditorio municipal ás 11:30 horas. Esta actividade, Miss Raisa, unha mirada desde dentro para derrubar prexuízos está dirixida aos centros de ensino de secundaria de Ribadeo. Trátase dunha charla-coloquio-showcase. Raisa, muller de orixe marroquí, falará de distintas temáticas que lle tocan de moi preto, tales como o racismo, a desigualdade de oportunidades e a liberdade de expresión, rompendo estereotipos e visibilizando certos aspectos que vive no seu día a día.Trata de romper cos falsos mitos e conclusións que saca a xente da súa cultura, relixión e dela como muller”.

Mariluz Álvarez seguiu a relatar que “xa o propio 8 de marzo, na rúa Rodríguez Murias, en colaboración co CIFP Porta da Auga, terá lugar a inauguración da exposición de fotos feitas por Xesús Varela nese centro, que se poderá ver ata o 12 de marzo. Co título A Educación: a porta para o cambio social mostra as diferentes familias profesionais que se imparten no CIFP Porta da Auga e cal é a representación das mulleres nelas. Trátase de visibilizar á muller sen caer en estereotipos nin imaxes caducas: en defender a libre elección sen prexuízos, sen medos, porque sen cambio non hai futuro”.

A edil engadiu que “así mesmo o Concello participará no acto organizado pola plataforma Galegas 8M que este ano se celebrará en Barreiros ás 20:00 horas, ao que convidamos a asistir”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...